sábado, 24 de mayo de 2008
Le temps (inevitabelmente) s' en va
LE VERSE
Ese vento de seda é o tempo que pasa.
Soñades a dóce primavera de antano
nesa frol que refrexa o seu van
no negro pozo dos vosos ollos?
Le temps s´en va!
Esas volvoretas que abanan a raiola do sol
son as súas tocas cobixando as pálidas frontes.
Soñaredes aínda no ouso do Vilar o
s soñares do tempo pasado?
Le temps s´en va!
Ese enorme silencio cristaíño e dourado!
Se vós agora falares, miñas donas amigas,
a vosa voz enchería, coma unha fonte de auga,
o vaso do silencio?
Le temps s´en va!
Ei, donas do Vilar! Erguede os finos rostros e sorride,
que andan galáns de corte con soedades de vós!
Agás que prefirades velos morrer de amor.
Le temps s´en va.
Le temps s´en va.
mes dames!
L´ENVOI
De tódolos amores o voso amor escollo:
Miñas donas Giocondas, en vós ollo
tódalas damas que foron no país,
unhas brancas camelias, outras frores de lis.
Le temps s´en va!
Ou dádesme ese bico
que cheira a rosas de abril do Mil e Pico
ou finarei chorando na miña soedá,
namentras envellezo:
Le temps, le temps s´en va!
Poema de:Álvaro Cunqueiro
pintura: La persistencia de la memoria de Salvador Dalí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Si, o tempo vaise inevitablemente y crea que incluso debería ser inevitadamente (^^) Pero iso non quere dicir que se perda. Vai no noso pel, nas cicatrices, nos marcas dos nosos xestos. O tempo vaise do presente que pasou para facerse presente en nos mesmos. Sempre hai unha certa nostalxia do que pasou pero o certo é que vai connosco, metabolizado, feito nos mesmos. Pode que mesmo sen conciencia de identidade pero real en cada quen. Así que estou certo que non sería igual como profe o ano próximo se nos vos tivera este dous anos anteriores. Por eso estaredes(conscientemente ou non) no que sexa en diante.
Cuánto hace que no sacas nada tuyo, bicho feo????
Vaya porquería de blog rosa, qué esto? Si la escritora esta de pacotilla ni siquiera publica lo que escribe???
Era broma, pero a ver si publicas algo tuyo, mujerciña.
Venga, visita los blogs de los demás, cutre! Y deja comentarios!
Siempre me recordará a Conchiña ese poema...y a todo lo que conlleva conchiña en si: vosotras, la literatura, el blog...
Pois nada, que non che deixo comentarios porque non me entero de cando actualizas rapaciña...e ti polo visto tampouco xD
Y ya te digo que le temps en va xD...quien nos vería el primer día de 4º en el que supuestamente te daba la espalda jaja q ya pasaron 3 años...carambas...xD
Bueno un bico luciada
Fuiste merecidamente nominada al premio "Blogs con huella, 2008". Puedes pasar a recogerlo por:
http://xiz-toria.blogspot.com/2008/05/xiz-toria-premio-ao-blog-con-huellas.html
PD. Desatusagadas del mundo, ¡uníos!
Publicar un comentario