viernes, 21 de octubre de 2011

SÁBADO 22, 20.30 AULA DE CULTURA DE BETANZOS "DE CANDO MEUS PAIS ME PLANTARON NUNHA MACETA"

Damas e cabaleiros, cidadáns todos:

Mañán o grupo Mequetrefes Teatro chega a Aula de Cultura de Betanzos (Liceo) para representar a súa ultima obra "De cando meus pais me plantaron nunha maceta". Escrita, dirixida e interpretada por Estevo Azañón, Patricia Coucheiro y Lucía Abarrategui.

Entrada gratuíta

Duración aprox: 75 min.

Sinopsis: Ano 2250, Nova-Castro de Seoane. A deshumanización é patente na sociedade. Moitas das familias teñen que servirse do ritual da plantación para soportar a vertixe do mundo. Parece que o movemento futurista toma sentido.

Unha comedia con intención, satírica.

Recomendada para maiores de 12 anos.








E ti, ¿plantaste connosco?

No hay comentarios: