jueves, 21 de mayo de 2009

Señoras do pasado

Señoras del pasado


Mon prince on a les dam's du temps jadis qu'on peut
GEORGES BRASSENS


E quíxenvos moi tristemente a todas
as que forades rápidamente eu (un pouco)
Unha lus nos lugares do estremecemento
e tardes coma rodas de bronce, interminábeles.
Poderosas mañáns de rexurdimento e ollos no chan de amor outido.

E quíxenvos moi escasamente a todas
porque nas regandixas de eu caben ourizos e sofrir é amor
e nada para o tempo que destrui os ourizos.
E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose
dos meus ollos a vós, as tidas e perdidas,
limítrofes do amor, esquecidas para sempre.
E quíxenvos autente, e case non vos quixen
antre tanto artefauto, construción mala pedra,
que nos ten anvisgados
nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esbaran.
Chamo por vosoutras, nomes apenas tatuados
na valeireo e no fume, e reclamo ise espacio
que deixáchedes e que cecáis é globo (de lume e desespero).

Señoras do pasado, damas investigadas a través dos ensoños
sobre cabalos nidios, inmóviles no outono de antao,
sen bris mesmo,
merci por un crepúsculo, ou acaso algún beixo,
ou polos poderosos erguementos do sangue,
ou por sorrisos líquidos a carón de magnolia.

Quíxenvos lenemente, e mesmamente fúchedes
capaces da captura dun anaco de sombra de min,
e fiquei menos.

Xosé Luís Méndez Ferrín (1938)


2 comentarios:

julián dijo...

Entereime por un taliván que hoxe é o cumple da administradora deste blogue.
Cumpleanos feliz !
PD Tamén o mesmo taliván faloume dunha grande estrea de teatro....

crisisocial dijo...

Gracias, Julián...vou vella
Ese taliván é un pouco chivato paréceme, jaja.
Pois sí, 28 de maio teatro principal,
www.asociaciondeteatromequetrefes.blogspot.com

ahí podes atopar información XD