Coma unha ferralla que perdeu todo o seu creto, Betanzos chora bágoas de pedra.A capital do gótico galego vaise derruíndo progresivamente e en parte, e vana derrubando. Así, o seu casco histórico vai ficando niso, na historia, só dispoñibel nos libros.
Non é raro xa, oír que caeu unha casa do casco vello nesta antiga provincia do Reino de Galicia, como sucedeu fai uns meses ou que a baranda modernista que envolvía o palco da música foi derrubada. Aínda si agudizamos un chisquiño máis a memoria, comprobaremos que a casa máis antiga desta cidade foi tirada abaixo polo seu propietario e que o Alfonsetti, o cine máis antigo de España, que xa pechado ficaba no abandono e veuse envolto en chamas fai catro meses.
Paradoxalmente, nadie fai nada e paradoxalmente, non parece cuestión de cartos pois recentemente, se mudou o mobiliario urbano, púxose na praza principal un mupi e construíronse unhas terrazas de Madeira que tapan os soportais románicos, claro que os bares dan moitos cartos e a arte románica semilla que non tanto.
Betanzos, cae sen que nadie o evite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario