Máis ben me quedan poucos amigos. Vostedes, o meu can e eu mesmo, que ás veces penso, son mal amigo. Porén, a cotío síntome só. Non atopo resposta, e falo ca miña propia sombra das cousas da vida.
Pero xa chegou de falar de cousas tristes, de sentimentos tan románticos que non cadrarían noutro escenario mellor que neste. Hoxe traio viño e queixo, pero será a última vez que me vexan rondar os seus fogares. Non recibo agradecemento e penso que non son unha grata presenza. Sempre os levarei no meu corazón, ó señor López Ferreiro ¡que gran home!, á señora Fernanda Mauleón, Nanda para mín. Á súa pequena Teresa e a tantos outros de vostedes...
Ata botarei en falta a Don Francisco Aneiros e a súa teima, polo meu descaro cara á súa muller, prezada Carolina. Malia que ten que saber, Francisco, que a súa muller sempre me rexeitou e fala marabillas de vostede. En verdade, no fondo debe ser vostede unha persoa encomiábel.
Non, non intenten determe, marcharei, para que os veciños non rían máis de mín, para que vostedes poidan falar das súas cousas. Ao fin e ao cabo, eu son un intruso. Cheguei como por casualidade a este lugar, asustado,recoñezoó. Moi asustado. En realidade, non sei de que tiña medo. Recibíronme todos con moito respeto, non esperaba menos. Incluso os máis proclives a rexeitar os meus presentes, acabaron por rir cas miñas historias. Por chorar, cos meus problemas.
Que dicir da pequena Mariña,que máis tería que estar no berce que no cadaleito. Debeu ser un anxelote, unha pequena de pel branca, moi feble. Debeu ser a alegría da súa familia. Agora pequena, durme.
Adeus,que pasen boa noite, deixareinos descansar en paz.
L.A.A
4 comentarios:
¿teu?
valería para engadir a "os outros feirantes"
jujujulián
canto tempo!!
que tal de evaluaciones??
Sí, meu. Xa firmei para que non quede duda jaja.
es muy tú y me encanta
vuelvo por estos lares xD
mira que puse en mi blog de enlace a curtas na rede!
Publicar un comentario