martes, 23 de marzo de 2010

AXÓUXERE

Un neno que perde a vontade por xogar
xa non é un neno.

A masificación indeleble que tapiaba
a bela arquitectura agora fraguada por cartos.

Un neno que perde a vontade por rir
xa non é un neno.

Todo canto había ficaba sostido por os fíos
duns intereses comerciais que deixaban o arte
en pelotas.

Un neno que perde a vontade por observar
xa non é un neno.

Aquilo xa non era arte, aquilo eran pedras
desgastadas polas pegadas da xente.

Un neno que perde a vontade por aprender
xa non é un neno.

Aquilo xa non era como un axóuxere para un neno
aquilo era o ruído e a axitación molesta
do ir e vir das miradas a cobro revertido.

2 comentarios:

PatriCou dijo...

u tamen quro que me ensines un palabro
non quero escoitar sen aprender nada novo

Anónimo dijo...

Mira el corto que puse en el blog, te va a encantar :)