jueves, 2 de julio de 2009

Só vostede e máis eu. 6 de Julio en A Coruña

Próxima actuación

O grupo Mequetrefes presentará o vindeiro 6 de xullo as 20:30 no Fórum metropolitano da Coruña a súa obra " Só vostede e máis eu" recente gañadora do premio ó mellor espectáculo da mostra de Teatro universitario de Galicia.
A entrada será de balde.




"Só vostede e máis eu" é unha adaptación de "Tus deseos en Fragmentos" de Ramón Griffero e son moitos dos fragmentos do dramaturgo chileno os que aparecen nesta obra, pero nun ton e perspectiva diferentes. Atopámonos pois ante escenas moi distintas que chegan a rozar o absurdo, o que o ser humano non é capaz de comprender. Son vostedes os testigos da viaxe ó interior da conciencia de Ela, a introspección onde o seu fillo estará sempre presente.¡Prendan as luces! ¡Pechen as portas! ¡Comeza a exposición!


Dirixida, adaptada e protagonizada por: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui

Violín: Zaida García Pérez

Coreógrafa:Triana Doce Palmieri

Deseño e maquetación: Cristina López Astorgano

Fotografía: David Correa Vicente






Fotos da obra:









No hay comentarios: